4

Muitas veces nos matos nativos,

No crepúsculo fusco e calado,

S’ escuita das aves,

O rápido paso;

Das aves aquelas,

Do pico tamaño,

Que sóon retirarse

Dos rudos traballos,

D’ escollos e prayas

Do fero Oceáno;

E van en ringleira,

Gritando e voando;

En demanda das illas Sisárgas,

Seu noto reparo.

 

Ah! quen fora com’ elas tan libre!

Cautivo do barro,

Con fonda tristura,

Dixérase o bardo,

Que soña antr’ as uces,

Co tempo pasado,

Quen fora tan libre,

Fugindo do trato,

Falaz, inseguro,

Dos nécios humanos!

Quen poidera vivir coma elas,

Nas prayas e bancos,

Nos baixos e furnas,

Nas sirtes e fachos,

Nos seos esquivos

Dos feros peñascos!

License

Queixumes dos pinos Copyright © by Eduardo Pondal and Pondal, Eduardo. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *